17 mayo, 2009

É o meu amor


É algo dificil de expresar
aínda que fácil de entender
se amaches algunha vez.
É o que eu sinto por ti,
meu neno.
Cando estou ao teu lado
xumérxome nun abismo
no que só existimos ti máis eu
e acompáñanos o amor.
Nos teus abrazos,
síntome protexida,
sin medo a nada,
pois teño a túa protección.
Ámoche con todo o meu corazón.




Pecha os ollos


Na escuridade da noite,
iluminados coa tenue luz dunha vela;
trasladados a outro mundo.
O silencio roto polo son das nosas caricias,
e o latido do noso corazón.
Demostrémonos o noso amor.
Permite aos teus beizos vivir unha nova emoción,
e deixa que flua a paixón.
Pecha os ollos deixa que aos dous nos guíe o amor.